Deporte en Navia

Benvidos a Máis que Auga, un lugar diferente para facer deporte en Vigo! Temos tres centros en distintas zonas da cidade: Barreiro, Coia e Navia. Todos eles comparten a mesma filosofía: ser máis que un ximnasio, unha piscina, un balneario ou unhas pistas de pádel… e nesa tarefa traballamos dende finais do ano 2010.
Máis que Auga é unha concesión pública do Concello de Vigo. A empresa encárgase de investir, construír e xestionar os centros de Coia, Barreiro e Navia a cambio de por ao dispor da cidadanía unhas instalacións de primeira calidade a prezos populares, fixados por tarifa municipal. En Máis que Auga atoparás un lugar de encontro e saúde para a familia e amigos, para practicar deporte e para moito máis…

Máis que agua Navia
Dende o 21 de setembro de 2015 está en activo o terceiro centro deportivo de Máis que Auga en Vigo. O Máis que Auga Navia está perfectamente conectado por circunvalación, autovía e autoestrada co resto da cidade e cos municipios próximos.
Dispón dunha superficie de 16.000 metros cadrados e conta cunha sala fitness de 1.000 metros cadrados, a zona de auga con tres vasos, balneario urbano, oito pistas de pádel cubertas (de cristal panorámico), 4 salas de actividades dirixidas, ludoteca/zona de xogos, gabinete de masaxes e nutrición, cafetería, unha pista multideporte e un aparcamento propio que gratuíto para os socios.

Estas son algunhas das nosas cifras:

20100 SOCIOS
90000 CLIENTES
920000 USUARIOS EN 2016
120 PROFESIONAIS