FORMULARIO DE ALTA DE PROFESIONAL ASOCIADO/A

NAVIA CCA Logomarca
 

Datos do/a titular/representante:

 

Datos profesionais:



Por medio do presente formulario solicito a incorporación como profesional á Asociación de Comerciantes del Pau de Navia.
LIN E ACEPTO, no seguinte paso deste formulario, a política do RGPD e as condicións de alta de profesional asociado/a na Asociación de Comerciantes del PAU de Navia.

CONDICIÓNS DE ALTA:

Poderán pertencer á Asociación todas aquelas empresas con personalidade física ou xurídica, que figuren de alta como profesionais e que teñan interese en desenvolver as funcións da mesma.

O alta como profesional asociado/a considerarase efectiva co primeiro pago da cota, salvo incumprimento de condicións estatutarias ou de regulamento de réxime interno, cos dereitos e obrigacións que estas marquen.

A RENOVACIÓN da condición de asociado/a é AUTOMÁTICA, aínda que condicionada ó pago da cota.

O/A titular/representante coñece e acepta os dereitos e obrigas que comporta ser asociado/a, e identifícase co obxecto e funcións segundo se recollen nos estatutos da Asociación.

CONDICIÓNS DO “REGLAMENTO GENERAL DE PROTECCIÓN DE DATOS” (RGPD)

Responsable-Identidade: Asociación de Comerciantes del PAU de Navia
CIF: G27767656
Domicilio Social: Rúa As Teixugueiras, 11 - Entrechán
E-mail: xerencia@comerciantesnavia.es

“En nome da Asociación, tratamos a información que nos facilita coa finalidade do mantemento da relación establecida entre a Asociación e Asociados/as. Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigacións legais. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obrigación legal.

Vostede ten dereito a obter confirmación sobre se na Asociación de Comerciantes del PAU de Navia estamos a tratar os seus datos persoais, por tanto, ten dereito a acceder ós seus datos persoais, rectificar os datos inexactos ou solicitar a súa supresión cando os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.”

Así mesmo se solicita a súa autorización para o envío de toda a información que sexa necesaria e/ou relacionada coa actividade da Asociación por calquera medio (e-mail, teléfono ou postal).