PARTICIPA NO SORTEO DUNHA NOITE PARA CATRO PERSOAS NA CASA RURAL «O FOGAR DO XABRIÑA»

DO 2 AO 7 DE MAIO

Para participar, haberá que mercar ou consumir nalgún dos establecementos adheridos a esta campaña, podendo participar toda a súa clientela, nas datas sinaladas e segundo a mecánica de funcionamento que se detalla nas presentes bases.

PARTICIPA NO SORTEO PINCHANDO AQUÍ

MERCA NOS NOSOS COMERCIOS E REXISTRA A TÚA COMPRA NA NOSA WEB…GARDA O TEU TICKET!

Consulta os establecemento adheridos aquí.

Trátase dunha campaña, na que poderán participar todas as persoas consumidoras, maiores de idade, que realicen unha compra de produto ou servizo por un importe mínimo de cinco euros nos establecementos adheridos á mesma, e que a rexistren seguindo as indicacións detalladas neste apartado. Así pois, a clientela que desexe participar na campaña, deberá en todo caso conservar o xustificante de gasto, ou fotografía do mesmo.

Consulta as bases aquí.

O sorteo terá lugar o día 18 de maio de 2023, ás 21:00h, do que resultará a persoa gañadora, e tres máis como suplentes. Para proceder á adxudicación do premio, comprobarase que a persoa cumpre con todos os requisitos establecidos nestas bases.